Cineo 2008
I Congreso Internacional de Neoloxía
nas linguas románicas

Barcelona, 07 - 10 maio 2008

Presentación
presentació

Nou Dosier de prensa
Nou Programa disponible
Nou Publicación de comunicacións e pósters

Na sociedade actual as linguas desempeñan un papel estratéxico moi importante. Hoxe en día imponse o multilingüismo como unha realidade que non convén evitar, senón que cómpre fomentar. O multilingüismo tradúcese nunha actitude de respecto cara ao outro, cara ao que é diferente. Tamén se concibe como un feito ecolóxico de defensa da diversidade real, dunha diversidade que temos que conservar como un ben patrimonial da humanidade. Mais a diversidade lingüística tamén pode supoñer un obstáculo naquelas circunstancias nas que se pretende resultar eficiente e unívoco. Movémonos, xa que logo, entre dúas tendencias opostas: unha que nos conduce cara á unidade lingüística e outra pola que camiñamos cara á diversidade.

Mais, de calquera xeito, as linguas precisan de recursos para adaptarse aos cambios sociais, económicos, políticos, tecnolóxicos ou científicos. Para podermos dispoñer destes recursos indispensables, para podermos actuar con seguridade en determinados contextos e denominar con precisión as novas realidades, necesitamos crear, formar ou tomar prestadas doutras linguas novas unidades léxicas. Neste sentido, a investigación sobre os neoloxismos que xorden nas linguas constitúe unha ferramenta para medir a súa vitalidade. Do mesmo xeito, unha análise comparativa da neoloxía en varias linguas fornécenos información valiosa sobre o grao de equilibrio, de harmonización ou de interferencia entre as diversas linguas que están en contacto no marco da chamada sociedade global.

O Observatori de Neologia, proxecto que naceu na Universitat de Barcelona no ano 1989 e que agora está situado no Institut Universitari de Lingüística Aplicada da Universitat Pompeu Fabra, leva a cabo un traballo sistemático de recompilación e análise dos neoloxismos léxicos que aparecen nos medios de comunicación, noutras publicacións periódicas e na radio, en linguas catalá e castelá. No entanto, nos últimos anos o traballo foi adquirindo diversidade e consistencia coa creación de varias redes que abranguen as diferentes variedades da lingua catalá (rede NEOXOC) e da lingua española: seis variedades latinoamericanas (proxecto Antenas Neológicas: Arxentina, Cuba, México, Perú, Uruguai e Chile) e tamén variedades peninsulares (rede NEOROC: Barcelona, Málaga e Valencia). No ano 2003 o Observatori de Neologia impulsou un novo proxecto de neoloxía nas linguas románicas, que se traduciu na creación dunha rede de observatorios de tódalas linguas románicas coas súas variedades (rede NEOROM: catalán, castelán, francés -Francia, Quebec e Bélxica-, galego, italiano, portugués -Portugal e Brasil- e romanés).

O I Congreso Internacional de Neoloxía nas linguas románicas organízase co obxectivo de proporcionar un lugar de encontro e discusión sobre o futuro das linguas desde o punto de vista da súa forza creativa e diríxese a tódalas persoas, organismos e grupos de investigación interesados na creación léxica como elemento indicativo do vigor das linguas. O congreso celebrarase en Barcelona, co patrocinio de diferentes organismos académicos e administrativos, nacionais e internacionais, coa vontade de dotarlle dunha continuidade en futuras edicións. Nesta ocasión, o I Congreso Internacional de Neoloxía nas linguas románicas terá lugar na sé do Institut d'Estudis Catalans, entre os días 7 e 10 de maio de 2008, baixo a presidencia dos señores Antoni M. Badia i Margarit i Bernard Quemada.

Animámosvos a participar e a enviar a vosas propostas de comunicacións!

M. Teresa Cabré
Presidenta do Comité de organización

Linguas do Congreso

As linguas do congreso son tódalas linguas románicas. Non hai previsto servizo de interpretación.

Lugar de celebración

Institut d'Estudis Catalans
Carrer del Carme, 47
08001 Barcelona

>> Como chegar

Enderezo de contacto

observatori.neologia@upf.edu
CINEO 2008
Institut Universitari de Lingüística Aplicada
Universitat Pompeu Fabra
Pl. Mercè 10-12
08002 Barcelona


(*) Os datos persoais dos asistentes van ser incorporados aos ficheiros da Universitat Pompeu Fabra e serán tratados coa finalidade de xestionar o I Congreso Internacional nas linguas románicas, así como para transmitir información de actividades organizadas polo Institut Universitari de Lingüística Aplicada da UPF. Non se prevé a cesión destes datos.

O órgano responsable dos ficheiros da Universidade é o xerente.


       
   

© Institut Universitari de Lingüística Aplicada - Universitat Pompeu Fabra