Presentación de comunicacións
Publicación de comunicacións e pósters
Prazo máximo de presentación de propostas de comunicacións:
31 de decembro de 2007
O Comité organizador comprácese en convidar a tódalas
persoas interesadas en presentar comunicacións no I Congreso
Internacional de Neoloxía nas linguas románicas (I CINEO
2008) a escribir sobre os seguintes temas:
- Aspectos teóricos sobre neoloxía
- Metodoloxía do traballo en neoloxía
- Recoñecemento e clasificación de neoloxismos
- Aspectos sociais e sociolingüísticos dos neoloxismos
- Gramática e neoloxía
- Tratamento automático da neoloxía
- Neoloxía e linguas minoritarias ou minorizadas
- A neoloxía nas diferentes linguas románicas: estudos
descritivos e contrastivos
- Aspectos cognitivos e comunicativos da neoloxía
- Presentación de proxectos e actividades neolóxicas
(sesión de pósters)
Linguas do congreso
Os resumos poderanse presentar en calquera das linguas románicas.
Presentación de comunicacións
As presentacións individuais deberán durar un máximo
de 30 minutos, logo do cal se prevén 10 minutos para unha rolda
aberta de preguntas. As comunicacións aceptadas para seren presentadas
en formato póster dispoñerán dun espazo para a
exposición ao público e dun tempo de discusión
para favorecer o diálogo entre autores e asistentes ao congreso.
Proceso de envío de resumos
Os resumos non deben superar os 2500 caracteres (~300-350 palabras)
e deben ser enviados á organización electronicamente mediante
o formulario de envío de resumos.
Tódalas propostas de comunicacións serán avaliadas
por tres membros do Comité científico. Ao longo do mes
de febreiro de 2008 comunicaranse os
resultados da avaliación a aquelas persoas que figuren como autoras
da comunicación. Aquelas que reciban unha avaliación positiva
terán que formalizar a inscrición ao I Congreso Internacional
de Neoloxía nas linguas románicas para pode-la presentar.
Publicación de actas
Tense prevista a publicación das actas cos textos das conferencias,
mesas redondas, comunicacións e pósters.
Para a publicación das actas, os autores de tódalas comunicacións
aceptadas deberán entregar durante o congreso a versión
definitiva do texto en formato electrónico, que se ha de axustar
ás normas de estilo fixadas pola organización.
Soporte técnico
Tódalas salas do Institut d'Estudis Catalans, onde se levarán
a cabo as sesións do I Congreso Internacional de Neoloxía
nas linguas románicas, dispoñen dun ordenador con PowerPoint
e dun proxector. En caso de precisares calquera outro aparello ou soporte
técnico, poñédevos en contacto coa organización
(observatori.neologia@upf.edu)
tan axiña como sexa posible indicando cales son estes requirimentos
técnicos.
- 31 de decembro de 2007: data
límite para enviar os resumos
- Febreiro de 2008: notificación
de aceptación ou rexeitamento das propostas de comunicación
|